"EL FUTBOL ET TORNAS EL QUE LI DÓNES"

domingo, 14 de noviembre de 2010

AS COUSAS NO SEU SITIO...Victoria 4-8 diante do Sobrado

O primeiro segue sendo primeiro, e o segundo segue sendo segundo....
Unha semana mais seguimos liderando a clasificación, e os nosos rivais seguen intentando gañarnos. Para todos os nosos rivais é o partido da temporada, "hai que gañarlle como sexa ao En Xogo"....Futbolísticamente non hai color, por iso intentan sacarnos do partido con malos modos e provocacións(ainda que non todos)..

O partido estivo igualado nos primeiros minutos, pero mediada a primeira parte o noso dominio levounos a poñernos por diante no marcador, e a partir de ahí ata o descanso foron caindo os goles ata rematar 0-4 cunha primeira parte moi completa.
Na segunda parte os rivais apretaron mais, apoyados nas súas individualidades, e reduciron as distancias,e nos acusamos a lesión de Marcos.....Con todo isto chegamos aos últimos 6 minutos con 4-5 no marcador, onde, coa expulsión de Tizón, o mellor ata ese momento do partido, parecía que podiamos perder o partido.....pero neses minutos finais o equipo mais que nunca foi un equipo, sobre todo en defensa. En ataque apareceu Pablo que con tres goles de gran calidade setenciou o partido....
Partido duro e intenso diante dun rival que nos gañou a última final de copa, con bos xogadores pero quizais demasiado individualistas....tiñamos baixas importantes pero non as acusamos, incluso diría que con menos xogadores o equipo mellorou....

Próximo partido, o sábado ás 17:00 horas na Carballeira diante da Corna fs.

No hay comentarios:

Publicar un comentario