"EL FUTBOL ET TORNAS EL QUE LI DÓNES"

domingo, 9 de enero de 2011

PARTIDO ESPESO EN PADRENDA.....4-5

Primeiro partido do ano; mal xogo, moi espeso, moi lentos e con poucas ganas, apáticos....O mellor do partido foi o resultado, cometemos demasiados erros na circulación de balón, con moitas perdas que motivaron contras moi rápidas e moi perigosas, e nos replegamos moi lentos... A presión tamén foi mala: a primeira liña mal colocada e lenta na presión ao balón, e aos de atrás gañaronlle as costas moitas veces; todo isto por defender coa vista e xogar as adiviñas( intentar adiviñar onde van dar o balón), mala anticipación......Despois de perder a primeira parte 3-2, na segunda fixemos propósito de enmenda...pero curiosamente foi David o que nos mantivo no partido con dúas paradas de mérito.....¿por qué gañamos entón?...porque no intercambio de golpes, na definición, temos mais calidade ca maioría dos equipos da liga.......Foi un aviso, temos que recuperar o rumbo....
O rival, a verdade, é que non sei como vai de último: moi ordenados, rápidos e aproveitando moi ben os seus recursos nas contras....
Vindeiro partido o sábado na Carballeira, contra o Vistahermosa fs.

No hay comentarios:

Publicar un comentario