"EL FUTBOL ET TORNAS EL QUE LI DÓNES"

domingo, 30 de enero de 2011

PARTIDO INTENSO NA CARBALLEIRA .......1-1

Partido entre dous estilos moi diferenciados, entre dous equipos moi diferentes no xeito de interpretar o fútbol sala...un, no que a base é o balón e outro no que a base e a intensidade e a condición física...os dous respetables, eu creo mais no primeiro, pero respeto os dous.

O partido podo resumilo na primeira xogada, xogada de saque de centro( que facemos dende os anos 90..que vellos imos!!!!!), Temes entra escorado na área, só diante do porteiro; pode elixir pase pero elixe tirarlle unha picadiña ca esquerda a Alex...quero decir con isto, que chegamos ben a porta pero definimos moi mal; os paos (catro paos) e porteiro tamén xogan.....e Alex estivo soberbio. Se fose boxeo houbesemos gañado aos puntos, pero neste xogo hai que meter a boliña.

Os primeiros 10 minutos foron un monólogo, diante dun rival que se limitou a defender diante da súa portería...quizáis esperabamos algo mais de risco, de ir a polo partido, pero unha cousa é decilo e outra é facelo...soamente se acercaron nalgunha contra aislada, mentras Alex fixo 3 ou 4 intervencións de mérito..
Colocámonos 1-0 e seguimos arriscando en busca do segundo; pero na recta final da primeira parte, sacudironse un pouco o dominio e achegáronse mais veces a nosa portería...

A segunda parte comezou moi igualada, eles apretaban e nos non dabamos atopado o balón..cando o atopamos de novo, xogamos bos minutos, pero non atinamos a marcar para sentenciar o partido.. soberbia a man de Alex abaixo a tiro de Tizón...Sacaron porteiro xogador, pero non o xogaron moi ben( de feito tivemos 3 ocasións claras para matar o partido..."vaia caraja"!!!!) pero convertiron o partido nun correcalles que non soubemos correxir e tiveron duas ocasións seguidas para empatar, conseguírono na segunda, a falta de 2 minutos e medio... ainda tivemos algunha ocasión mais, pero non era o noso día...Rematamos o partido con cerca de 40 tiros a portería, e un so gol....outro día será..

Fallamos moito na transición defensiva, pero sobre todo na definición....increíble para un  equipo que xa leva mais de 100 goles, dominamos pero non fixemos un xogo brillante e fluido(mérito dos rivais)

O rival,(que maneira de correr!!!!) moi intensos e cunha grande condición física, fixeron unha excelente defensa, e moitos dos nosos fallos foron  provocados por esa defensa. Replegábanse moi rápido e fixeron moitas axudas defensivas, vitales para manterse dentro do partido e rematar empatandoo.En ataque destacar as súas contras rapidísimas, fallan no xogo posicional con moita condución de balón e pouca circulación( pero todo isto e mellorable con adestramento).É un equipo que ten bos mimbres e moita marxe de mellora...ánimo e adiante..Espero que non sexa flor dunha tempada todo isto (polo ben do futbol sala)....

Gustoume: a limpeza do partido por parte dos dous equipos durante o partido, obviando calquera roce propio do xogo e deixando en mal lugar a aqueles que intentaron quentalo durante a semana....Isto non é mais ca un xogo, un pasatempos!!!!!, polo menos para nós

Non me gustou: os insultos por parte da afición aos nosos xogadores, por moita pasión que teñas, non se debe faltar ao respeto a ninguén e menos dentro destas categorías...nos tamén tiñamos xente nas gradas, pero non abriron a boca...claro que, todo vai na educación que ten cada un.So pido RESPETO

O que me esperaba: a arbitraxe dos dous xefes da federación, son bos arbitros, de categorías superiores, polo tanto moi listos, con 1-0 na segunda metade e 5 faltas o rival, por duas ocasións tragáronse o silbato, que diplomáticos, que correctos!!!!e que disparidade de criterio!!!! molestan as nosas victorias o colectivo arbitral???queren que nos marchemos???...Se non fose polo noso equipo, polo Pijú, o Barros (agora en Autonómica)  o Feás, etc...que sería do futbol sala base ourensán?????.....Alá eles, pero van ter que rillarnos..Dubido que algunha das novas xerazóns chegue xogando aos 40 anos, e moito menos estando tan arriba.De todos xeitos non tiveron a culpa dos nosos erros..

Isto acabouse, so foi un partido mais, un de tantos(polo menos para nós), queda moita liga e moitos rivais dificiles.

Próximo partido en Celanova contra o ES 2001, a ver se xuntamos xente suficiente, porque temos que atender aos nenos, a muller e o can, e algúns, estanos matando o reuma.......Ánimo avós.

2 comentarios:

  1. Como ben dis bo partido con 2 estilos moi diferentes,non e q non quixesemos o balón pero...e que a ben q carallo e capaz de quitarvos o balón,un saludo

    ResponderEliminar
  2. Tes razón juninho....Este é un deporte de listos e vos, onte, fostes moi listos,fixestes un traballo impresionante a nivel defensivo, moi moi bo.... tapastes moi ben a maioría do noso xogo, e podo che asegurar que non é doado, posiblemente calquera outro equipo nos primeiros dez minutos estaría xa fora do partido......mérito voso.
    Ánimo,nos estamos na recta final, pero vos tedes moito futuro..un saúdo

    ResponderEliminar