"EL FUTBOL ET TORNAS EL QUE LI DÓNES"

sábado, 22 de enero de 2011

BO PARTIDO EN CEA......1-7 diante do Barreras

Acostumo a ser bastante esixente co noso xogo, pero hoxe gustoume o que vin...(bo futbol sala) diante dun rival traballado e incómodo que quere xogar a "futbol sala", intentaron algúns movementos sencillos; non lles sairon pero intentárono..... Oxalá que sigan intentando xogar así e que todo lles vaia ben, porque estes equipos mereceno porque fan algo polo fútbol sala.....o que lles pasou foi que eles están acostumados a ter o balón e hoxe tiveron que correr moito detrás de él, esa foi a clave do partido, a nosa alta posesión do balón e a profundidade no ataque. Moita sorte e ánimo aos do Barreras.
Curiosamente, xogamos moi ben a pesar de non ter nin a Tizón nin a Santi,quizais sexa por que os demais imos vellos..jeje, e temos que asociarnos mais aredor do balón....

Próximo rival, o Taboadela, un rival complicado e que xa na primeira volta nos puxo en moitos apuros....Para min é o equipo revelación da liga, son rapaces novos e con moita ilusión de seguir mellorando e xogando a este deporte...un deporte que está moi necesitado, na nosa cidade, de xente nova que queira xogar a este deporte....
Partido o sábado na Carballeira, hora sen determinar.


2 comentarios:

  1. Que al barreras le gusta tener el balon no me parece que entiendas de futsal amigo lo siento

    ResponderEliminar
  2. Acepto calquera opinión, pero so falarei de futbol sala con alguén que:
    1.Poña o seu nome(e que eu o recoñeza)
    2.Saiba un mínimo de futbol sala para poder debatir(eu xa teño o cu pelado, e pouco pelo de inventar xogadas e interpretar sistemas de futbol sala)So pido uns mínimos, polo tanto comeza por decir quen eres.

    E como non sei quen eres, o próximo comentario anónimo nin o lerei.....eu tamén o sinto amigo

    ResponderEliminar