"EL FUTBOL ET TORNAS EL QUE LI DÓNES"

domingo, 10 de abril de 2011

BOA TARDE, BO PARTIDO E BOA VICTORIA EN AVIÓN 3-7

Presentábasenos un partido nada doado de xogar...viaxe ata Avión (menos mal que estivo unha tarde de sol)e rival incómodo.O bo é, que xa iamos mentalizados e concentrados para non levar sorpresas.
O partido deixámolo sentenciado na primeira parte co resultado de 1-6 e un xogo bastante fluido en ataque, con xogadas de mérito.. ainda así fallamos ocasións claras e David tivo que parar dous dobles penaltis.
Na segunda parte eles apretaron mais e nos volvémonos mais conformistas... esta metade estivo mais igualada,de feito perdémola 2-1.. intentamos controlar o xogo pero por momentos estivemos despistados, mérito que hai que darlle ao rival... O certo é, que o resultado nunca peligrou e logramos tres puntos mais nun campo nada fácil.
Teño que destacar a implicación dos nosos xogadores,todos enchufados(os que xogaron mais é os que xogaron menos) e facendo un bo futbol sala, sobre todo na primeira parte.
 O rival, ten varios xogadores con calidade e talento, sorpréndeme que non  vaian mais arriba.... baixo a miña humilde opinión(non é crítica, é consello) deberían ser mais equilibrados en defensa, e aproveitar a calidade que ten para xogar mais como equipo, porque as individualidades son mais fáciles de defender... se conseguen equilibrarse en ataque-defensa serán un equipo da parte alta da taboa.... moita sorte!!


Próximo partido co Outumuro na Carballeira, un rival que ven moi forte nesta segunda volta...teremos estar moi concentrados para seguir gañando....Se algo caracterizou sempre a iste equipo é o orgullo.....Por iso, "canto mais nos golpeen, mais fortes nos farán".

2 comentarios:

  1. quero unha camiseta de tizon¡¡¡¡¡¡¡¡¡que bo e ese tipo. e nos damosvos unha de camilo, ou basilio, jajajaja. e broma. moita sorte.

    ResponderEliminar
  2. jajaja....xa foi mellor do que é, pero se quere xogar é un fenómeno, sobre todo nesta categoría....
    Vós tedes bos mimbres para ser un gran equipo, así que moito ánimo...un saúdo

    ResponderEliminar