"EL FUTBOL ET TORNAS EL QUE LI DÓNES"

domingo, 17 de abril de 2011

ESTAMOS A 1 PUNTO DA LIGA...despois da victoria 7-2 diante do Outomuro

Hoxe non era un partido doado porque o rival viña moi forte,cunha segunda volta con números de campeón. E así comezou, con moitas dificultades para nós. Intentamos controlar o partido pero non o conseguimos ata o final da primeira parte, de feito adiantáronse dúas veces no marcador.Na segunda parte eles acusaron o desgaste do traballo feito na primeira parte, e foi cando conseguimos facernos co partido e co marcador mais claramente, e facer un xogo mais fluido en ataque.
Fixemos unha segunda parte boa,o feito de ter cambios suficientes fixo que poideramos rotar o equipo e minimizar o desgaste. Boa actitude novamente de todo o equipo, "chapeau" amigos.
Do rival, xa dixera na primeira volta que non ía pasar apuros para salvarse, e os feitos danme a razón xa que vai colocado nos postos altos da clasificación.
Queda pouco( 1 punto) para acadar a liga.....Amigos, temos que facer o último esforzo!!!!
Próximo partido co Dacón dentro de 15 días..... agora temos que descansar porque xa imos vellos e non podemos xogar tanto seguido, de feito os paróns do día do Pai e iste da Semana Santa fanse pensando en nós..." xa temos unha idade ...."!!!
Canto fala a xente...!!!!
"Sólo hay una cosa en el mundo peor que estar en boca de los demás, y es no estar en boca de nadie".. Oscar Wilde
Así que, seguide dándolle ao pico.

No hay comentarios:

Publicar un comentario