"EL FUTBOL ET TORNAS EL QUE LI DÓNES"

lunes, 30 de enero de 2012

REMATOU A PRIMEIRA VOLTA..........

  1. CERBER F.S. --------------------------- 37
  2. CONCELLO DE TABOADELA --------34
  3. McDONALD'S OURENSE ------------- 31
  4. BAR EN XOGO / KARLASCA ---------30
  5. E.S. 2001 F.S.----------------------------28
  6. MUEBLES ANDRADE ------------------27
  7. SPORTING MANZANEDA F.S.--------27
  8. BAR O RETIRO ------------------------ 22
  9. FEAS F.S.--------------------------------19
  10. A CORNA F.S. --------------------------19
  11. OUTOMURO F.S.-----------------------15
  12. AVION F.S.------------------------------15
  13. BARBADAS-SOBRADO F.S.-----------15
  14. PRIMORDIAL F.S.-----------------------11
  15. LASIDER D y C --------------------------9
  16. BARRERAS DE SEG. FS-----------------9

Rematou a 1ª volta e, a diferencia do ano pasado,a liga está moi igualada; ainda que se pode apreciar un corte do 7º para abaixo.
Na loita pola liga temos principalmente dous candidatos:
Cerber: A sorpresa da liga, equipo que mezcla veteranía e xuventude. Medrou moito como equipo dende a tempada pasada. Hoxe é o equipo mais en forma e o máximo favorito a gañar a liga..adestran 3 días semanais, e iso nótase.
Taboa: O ano pasado case conseguen gañar, foron segundos en copa e liga..este ano seguen aí arriba, aspiran a todo.

No segundo vagón hai varios equipos:
Macdonal´s: Futboleros, coas súas ventaxas(forza física)e os seus inconvintes(desorganizados por momentos)...pero están mellorando moito no futsal.
En Xogo: Xa dixen neste blog que é difícil xogar motivados cando tes barriga chea....Despois de gañar todo perdemos motivación, pero somos competitivos e tiraremos ata onde poidamos.
ES 2001: Comezaron ben, pero están perdendo forza.
Andrade: Xa falei deles, equipazo...Un pouco corto de efectivos e iso penalizaos moito.
Manzaneda: Equipo  moi traballado tacticamente...para aspirar a mais quizais lle falte algún xogador mais decisivo.
Na metade da taboa.:
Retiro: Boa tempada, este ano non sufriran para salvarse.
Feás e A Corna, dous da parte de arriba vidos a menos, pero sempre perigosos a un partido.
Na parte de abaixo:
Outomuro: Comezaron mal, pero van para arriba...polo que vin  (ainda que tiñan pouca xente)no partido do sábado, e se xogan sempre así van sobrados para salvarse.
Avión: Irregularidade...pero tamén calidade.Están ao borde do descenso.
Sobrado: A súa calidade non se corresponde coa clasificación. Ficharon para sair de aí, haberá que ver a evolución.
Principal,Lasider e Barreras están nunha situación complicada, teno difícil pero ainda queda a segunda volta.

No hay comentarios:

Publicar un comentario