"EL FUTBOL ET TORNAS EL QUE LI DÓNES"

sábado, 28 de enero de 2012

EN XOGO 6 - OUTOMURO 4..... E GRACIAS !

Mal partido o que xogamos, moi malo.....Aconteceu o de sempre, por momentos non competimos, facemos unha defensa contemplativa, acompañamos ao rival en lugar de defendelo.

O partido comezámolo fríos, moi fríos,mirando para eles e pensando que con salir ao campo iamos gañar.....grave erro , que puido costarnos o partido.....Moitos balóns perdidos en ataque, e mal replegue defensivo, demasiado lentos.....Así colocáronse 1-4 a falta de 4 minutos para rematar a primeira parte; a partir de aí tocamos a zafarrancho de combate, ordenámonos en defensa ( aproveitando a entrada no partido da vella garda, ainda que está mal que eu o diga).....e rematamos o primeira parte cun 3-4......So con orden defensivo e un pouco mais de mala ostia, porque en ataque sabemos que enchufamos porque temos  xogadores decisivos, salvamos un situación comprometida.
A segunda parte comezámola como rematamos a primeira, ordenados, defendendo e disputando cada balón, e así en 5 minutos démoslle a volta ao partido e colocámonos gañando 5-4....... cargámonos de faltas e limitounos moito a defensa ata o final, marcamos un gol mais, pero nos últimos minutos voltamos a sufrir coas 5 faltas, pero aí apareceu o noso porteiro, Congui.
O rival aproveitou moi ben as súas virtudes, rápidos e moi perigosos con espacios, non creo que teña problemas para salvarse, costoulles moito sair da presión cando fomos capaces de ordenarnos defensivamente.
O arbitraxe.......desconcertante por momentos......isto é Fútbol sala  non fútbol...os contactos coas mans son faltas....A veces preguntóme que fai falta para que lle piten unha falta a favor a Tizón ou a Temes ( xente de moitos kilos)???....porque tirar non os dan tirado.
Nós...... ACTITUDE amigos, e deixar de mirarse o ombligo.... Divertirnos marcando goles, sí.... pero tamén defendendo,correndo e disputando o balón.

No próximo partido comeza a segunda volta...na primeira volta a nosa nota foi de suspenso, fixemos 30 puntos e deixamos 15 polo camiño, demasiados........
Xogamos o sábado co Manzaneda na casa.

2 comentarios:

  1. xogador do outomuro sodes moi boa xente si señor asi da gusto xogar a este deporte moita sorte e animo campeos

    ResponderEliminar
  2. Moitas grazas e moita sorte....saides de aí seguro
    O sábado xogastes un partido moi bo, vímonos negros para gañar...tedes bos xogadores...Ánimo

    ResponderEliminar