"EL FUTBOL ET TORNAS EL QUE LI DÓNES"

lunes, 5 de marzo de 2012

EN XOGO 3 ANDRADE 2 ............ BO PARTIDO

Non pintaba ben o partido, tiñamos demasiadas baixas e enfrente un rival moi forte, pero sacámolo adiante con paciencia e oficio, nunha victoria penso que merecida.
Comenzou o partido cun Andrade moi forte, apretando e meténdonos moi atrás; apenas eramos capaces de chegar a súa portería con perigo...presionamos mal, e defendemos peor...e regalamos un gol. A pesar disto fomos capaces de igualar dúas veces o marcador para rematar a primeira parte 2-2...cun penalti en cada área.
A segunda parte foi diferente, axustamos mellor as marcas na presión, xa non saían tan cómodos, e puxemos un pouco mais de intensidade. Nos primeiros dez minutos da segunda parte eles fixeron só un remate claro a portería, pero non tivemos a sorte de cara e non fomos capaces de marcar algunha das moitas ocasións que creamos; co paso dos minutos e na recta final eles sacudironse a presión. Marcamos o 3-2 nunha boa xogada de Peque, e chegada de Marcos( partidazo o seu) ao segundo pao, que definiu cunha volea....tivemos un par de ocasións claras para sentenciar, pero o fútbol pode ser moi caprichoso e estiveron a punto de empatar cun tiro ao pao a falta de 1 minuto...
Tiñamos baixas importantes, pero o equipo sacou a raza para gañar, boa actitude de todos e boa defensa na segunda parte. 
O rival, un bo equipo de fútbol sala, comezou moi forte, como esperabamos, pero cando se lle acabou a frescura viñéronse abaixo.
Na segunda parte baixaron moito, en grande parte debido a falta de banco; porque penso que do seu equipo titular ao suplente houbo moita diferencia.
Esta vez viñeron "dous" árbitros...e teño que decir que me axudaron a aclarar algunhas pequenas dudas do regulamento.
Os árbitros para min estiveron correctos, controlaron o partido sen problemas, con autoridade e con diálogo... Pitaron dous penaltis; eles queixáronse de que o deles non foi , nós dunha acción clara ao borde da súa área con 5 faltas.....son interpretacións !!. O certo é que nos árbitros as categorías tamén están para algo, e hai moita diferencia entre uns e outros, algúns non dan o nivel.


Na liga segue a loita polo título entre o Cerber e o Taboadela.
Nós estamos aí, por se fallan, cousa bastante improbable; deixamos moitos puntos en partidos doados e nos minutos finais.
O descenso tamén está moi complicado, con seis equipos loitando por evitar as tres prazas que quedan por decidir.



2 comentarios:

  1. Manda carallo Kike,non sabes nin o resultado do partido.Así nos vai.3-2 torrija,dalle mérito a defensa.

    ResponderEliminar