"EL FUTBOL ET TORNAS EL QUE LI DÓNES"

lunes, 26 de marzo de 2012

SOBRADO 4 EN XOGO 6.........ERA UN PARTIDO TRAMPA!!!

Sabiamos que o partido ía ser difícil, un rival cunha posición na liga comprometida e unha vella rivalidade.
O partido estivo igualado durante bastante tempo pola nosa falta de acerto, polo noso individualismo nalgunhas xogadas, e por fallar coma sempre diante a portería..Cando decidimos que era mellor tirar dúas paredes en lugar de dous regates rematamos co partido..
O rival: un equipo con calidade nalgúns dos xogadores, un equipo que contra nós xoga hipermotivado; pero dubido que xogue todos os partidos así, se o fixera non estaría tan abaixo...Xogaron por momentos demasiado excitados, exaltados...e iso xogou na súa contra.
Os árbitros: sen influencia no resultado, erros de apreciación repartidos para os dous equipos.....penso que foron indulxentes nalgunhas sancións.

A xornada deixounos outra debacle do Cerber, co cal a liga queda practicamente decidida...
Nós, nunha tempada ligueira que consideramos mala ou cando menos floxa, estamos amenazando o segundo posto.....Estamos mal acostumados e non podemos gañar sempre. 
Por abaixo Barreras e Primordial teñeno difícil, e Outomuro e Avión seguen na loita por escapar do descenso...está moi igualado.


No hay comentarios:

Publicar un comentario