"EL FUTBOL ET TORNAS EL QUE LI DÓNES"

domingo, 3 de octubre de 2010

VICTORIA SUFRIDA E TRABALLADA.......1-4

Partido duro diante dun rival, O Concello de Taboadela, hipermotivado, con moita ambición e moita intensidade, un equipo que se xoga así todos os partidos vai estar arriba seguro... Empezamos intentando controlar o partido e o balón, pero as contras deles eran moi perigosas, e ademais replegaban moi rápido. Tivemos as ocasións repartidas na primeira parte, pero impuxose a nosa pegada cara a portería, os goles de Lois e de Pablo fixeron que foramos o descanso gañando 0-2......
Na segunda parte eles arriscaron un pouco mais, subiron a presión, e o partido volveuse tolo, pero de novo a nosa pegada, esta vez foi Marcos quen batiu por baixo o porteiro contrario, eles non se viñeron abaixo e seguían atacando, a veces con mais corazón que cabeza, pero puxéronos nalgún apreto, e obrigaron a intervir a Congui con boas paradas....sen embargo foi Tizón en xogada individual quen batía de forma maxistral ao porteiro, 0-4.... eles sacaron porteiro xogador e seguiron intentandoo, e así acadaron o gol, a falta de 3 minutos ,1-4...
A miña valoración do rival é que forman un equipo moi perigoso, rápido e intenso....claro está se xogan así todos os partidos, e non só contra o En xogo....
Nos, tivemos un aviso de que como non nos apliquemos e poñamos intensidade, ímolo pasar mal moitos partidos..

Próximo partido na Carballeira, o sábado 9 ás 17:00 horas contra a ES 2001 FS de Celanova

No hay comentarios:

Publicar un comentario