"EL FUTBOL ET TORNAS EL QUE LI DÓNES"

sábado, 16 de octubre de 2010

PARTIDO DE ALTA TENSION E IMPORTANTE VICTORIA 3-4 DIANTE DO PIJÚ

Os partidos contra o Pijú son partidos de alta tensión.Presentamonos no partido coas baixas de algún xogador importante, pero este ano o equipo ten moitos recursos....todos aportan e todos suman. Empezou o partido moi igualado con ocasións para os dous lados, pero foi o Pijú o que se adiantou no marcador a falta de 1 minuto para rematar a primeira parte....Na segunda parte saimos cunha marcha mais, cun ritmo mais alto e conseguimos o empate de penalti, pero o Pijú é un equipo con moita calidade e aproveitou duas pifias na nosa defensa para adiantarse 3-1 no marcador, a pesar do resultado seguimos con fe e volcados apretando arriba e cansando moito o equipo rival, e froito dese acoso chegamos o empate cun gol de Jacobo e outro de Pablo de doble penalti.......Os últimos 2 minutos finales con empate foron de alta tensión, cun expulsado por cada lado...pero penso que o final chegamos mais frescos fisicamente e, nunha xogada individual de Pablo que deixou o balón para que David o empuxara a porta baleira, puxémonos por diante 3-4 a falta de 1 minuto.....e o marcador xa non se moveu.
Partido dos de sempre, con dous equipos que intentan xogar o futbol sala, e que para min son os dous mellores da categoría en condicións normais.....e importante victoria para nós.


Xogaron polo En xogo/Karlaska: Congui, Luis Angel, Marcos, Pablo, David, Jacobo, Lois, Kike e David Pereira.

Próximo partido diante do Retiro ás 17:00 na Carballeira.

No hay comentarios:

Publicar un comentario