"EL FUTBOL ET TORNAS EL QUE LI DÓNES"

sábado, 9 de octubre de 2010

CUARTA VICTORIA ......................10-5

Victoria diante do ES 2001 de Celanova por 10-5, e que se chegamos estar acertados nos dobles penaltis poderían ser 15, pero fallamos moitos, demasiados.
Comezamos dominado o partido 2-0 pero sorprendéronos en dúas contras e conseguiron empatarnos, a partir de ahí voltamos a poñernos as pilas e rematamos a primeira parte gañando 5-2. Na segunda parte impuxémonos claramente, a pesar de que eles deron alguns zarpazos...
Impuxémonos no marcador que non no xogo, porque entramos no xogo deles un correcalles sen sentido, un xogo que non nos convén....certo e que eles son xogadores de fútbol e o seu xogo e chocar, faltas, discusións......e que os árbitros débeno parar, porque xogar so intentamos xogar nós....pero tamén e certo que se os árbitros non fan nada, debemos ser nos os que xoguemos ao fútbol sala e non entrar nas disputas....temos calidade de sobra para eso.

Hoxe estivemos moi permisivos en defensa, cun repliegue moi lento, e iso levounos a eles a chegar a portería de David con facilidade........de isto temos que aprender, por momentos so queremos marcar e olvidamos que os partidos onde se empezan a gañar e dende atrás...

O rival.......incómodo por momentos, moi duro, de feito houbo algunha entrada fora de tono, coa permisividade dos árbitros que se olvidaron por momentos de que esto é futbol sala e non fútbol......incríble que eles remataran todos no campo......pero non podemos esperar outra cousa.

Próximo partido contra o Pijú en Amoeiro, un equipo moi bo, dos que mais calidade podemos atopar na liga.....a un partido non se presentaron pero sei que contra nós van estar todos, así que hai que poñerse as pilas...

No hay comentarios:

Publicar un comentario