"EL FUTBOL ET TORNAS EL QUE LI DÓNES"

domingo, 6 de febrero de 2011

VICTORIA 2-7 EN CELANOVA diante do ES 2001

Presentábase un partido difícil  en Celanova, rival duro e nós pouca xente, pero resultou que eles estaban mais xustos ca nós, e nós recuperamos algún xogador a última hora..
O partido empezou cun gol fallado a porta baleira (isto sóname de algo...)...e así seguiu, imprecisións e mais imprecisións; que se perdo un pase, que se regalo un balón, que se non replego, que se fallo unha ocasión, que se fallo outra...e chegamos ao descanso con 0-2, pero o mellor xogador noso foi Congui, con dúas ou tres paradas de mérito, e  deles tamén o seu porteiro...A segunda parte non foi moito mellor,pero parecía que queriamos xogar algo mais e aos dez minutos iamos 0-5, entón empezamos a sestear, e con dous regalos 2-5  apretamos algo o marcador....Eles, con cinco xogadores e varios tarxeteados, xogaron a ruleta rusa...primeiro nun remate de volei perdonáronlle a segunda a Iglesias (dixeron os colexiados que fora involuntaria.....jaja) e despois, ao mesmo xogador, cun agarrón xa non puideron perdonarlle a segunda, a falta de seis minutos..eles sen cambios e cun xogador menos encaixaron dous goles mais, e a falta de tres minutos con outra expulsión e unha lesión rematou o partido.....


Gustoume: a implicación dalgúns xogadores co equipo, porque a pesar das cargas familiares e diferentes problemas personais, fixeron un oco para vir xogar


Non me gustou nada, nada, o xogo do equipo.Había tempo que non xogabamos tan mal, de feito non xogamos a nada; o xogo parecíase moi pouco ao fútbol sala que facemos ou intentamos facer a maioría das veces.


Próximo partido contra o Pijú, casi nada, para min, é o equipo, xunto co noso que mais calidade atesora nos xogadores, un superequipo, que non está mais arriba porque lles pasa coma nós, cumplen anos e hai demasiadas cargas familiares....en condicións "normais" ( dispoñendo sempre dun mínimo de xogadores) estarían moi arriba. Un equipazo, que xoga coma poucos a futbol sala
 O partido sérá o sábado na Carballeira 

No hay comentarios:

Publicar un comentario