"EL FUTBOL ET TORNAS EL QUE LI DÓNES"

lunes, 21 de febrero de 2011

VAIA PUNTERIA..!!! victoria 2-5 diante do Retiro

Non andamos finos cara o gol dende hai varios partidos, ( Tabodela, ES, Pijú, Retiro ), oportunidades  incontables e infinidade de remates que non conseguimos meter na portería.

O partido de onte foi algo así....se este xogo fose darlle ao porteiro houbesemos metido moitos goles....porque o rapaz fixo moitas paradas de mérito, pero cantas lle tiramos ao corpo, a cabeza, ao traseiro, ao tobillo , as mans??...esquecemos que este xogo consiste en meter a boliña na portería; e de vez en cando rizamos o rizo, adornándonos...pero en xeral o xogo foi fluido, con bos movementos.

Non se podía creer que fosemos so 0-1 na primeira parte, e que faltando 5 minutos se puxesen 2-3, o marcador era apretado pero non o xogo nin a sensación de perigo........ o certo era que os nosos erros puidéronnos levar a complicarnos o partido....Esperemos recuperar a puntería pronto.

O rival, ben pertrechado atrás, fixo o seu partido, e ao final asustounos......son moi boa xente, compiten noblemente,e danlle sentido a que isto é un deporte, e que ao final o que te levas de isto son os amigos...

Os colexiados na súa liña, non deixan contentos a ninguén......cando se daran conta de que os protagonistas disto son os xogadores e non eles???. de todo este circo son os únicos que cobran..

No hay comentarios:

Publicar un comentario