"EL FUTBOL ET TORNAS EL QUE LI DÓNES"

lunes, 14 de febrero de 2011

ÁNIMO AVÓS....!!!!!

Foi un partido malo,moi malo...pero só un partido. Din que as mellores plumas fan un borrón de vez en cando, este foi un borrón...porque podemos perder,claro que sí, pero non así....así non...

Si é certo que nos faltaba moita xente importante (Luis Angel, Tizón, Marcos, David, Santi.....), que algúns xogamos coxos(Sabucedo, Kike..)e que outros volvían ao equipo despois de moito tempo(Suso, Oscar Gil....) pero non vale de escusa porque o rival estaba igual ou peor.... tiñamos que competir mellor, moito mellor...
Este equipo ten unha historia longa e chea de feitos que, cando te acordas deles saeche un sorriso...esto é o mellor que me levo eu do futbol sala, xunto cos amigos. Estamos acostumados a vivir (xogar) o borde do arame con moitos partidos ao límite, sobre todo na copa( en 9 anos: 3 titulos, 2 finais,3 semifinais, 1 cuartos....) aparte das ligas....
Quero decir con isto, que estamos acostumados a gañar, e non  a perder, e polo tanto quédanos un regusto amargo na derrota......Perdemos partidos, ligas, copas, e aquí seguimos, con mais de 40 tacos, xogando cada semana ata que o corpo aguante...e seguiremos gañando e perdendo partidos( non podemos gañar sempre), pero sempre debemos sair do campo coa sensación de que o demos todo....Se non fosemos tan competitivos, con estes anos, xa non estariamos aquí.....
Coñézovos ben e sei que non teño que animar a ninguén, pero isto digoo sempre..... ÁNIMO AVÓS    

1 comentario:

  1. Paréceme todo moi ben e tes a razón en casi todo pero eu xa me cansei de loitar polo "grupo"(e non falo a nivel deportivo)senón a nivel de perder tempo,cuartos e paciencia por esta aventura.Dende agora estarei para o que queirades coma sempre e ata que aguanten os corpos pero xa non por unha idea conxunta.Eu por xente ,como os que todos sabedes e non poño nomes pra non esquecerme de ningún e que pense que non está incluido,a morte;pero por caprichos,"enfados",mariconadas,pasalo ben en outras cousas e non avisar polo menos... dende agora un amigo e un compañeiro de xogo mais pero non perdo mais tempo.Somos todos xa vellos para vir cando queiramos e como queiramos.Cada ún de vós sabe ó que me refiro e os do segundo grupo,tamén.Esta é a vosa casa,pero eu non volvo chamar a vosa porta,vinde cando queirades.

    ResponderEliminar