"EL FUTBOL ET TORNAS EL QUE LI DÓNES"

domingo, 30 de octubre de 2011

CRÓNICA DUNHA DERROTA ANUNCIADA.......EN XOGO 3 RETIRO 4

Xa levavamos varios partidos así, e ao final pasou o que nos temíamos, primeira parte bastante boa e segunda desastrosa...Ao descanso 2-0, en dous minutos da segunda parte 2-2, lamentable...Non foi un baixón físico, foi un conformismo, unha falta de intensidade e concentración lamentables, como se estiveramos aburridos de xogar. Pouco xogo en equipo, sendo esta unha das nosas virtudes dende sempre, hai xa tempo que empezamos a perdela...moita conducción de balón, demasiada. Non é cuestión de que faga aquí unha analise mais pormenorizada do partido, os grandes erros xa os dixen no vestiario, se queremos correxilos ben, senón  seguiremos así. Non podemos esquecer algo...esto é un equipo, é un xogo colectivo..gañamos todos e perdemos todos..
Como digo no inico do blog," o fútbol devólveche o que lle das", e nos non lle estamos dando nada de nada...E dito isto, pois non pasa nada, somos un equipo de amigos que nos xuntamos para xogar, porque nin adestramos.
Non imos gañar sempre, nin todos os anos gañar algo, os rivais tamén xogan, pero polo menos temos que divertirnos, porque ultimamente non facemos nin eso, temos que recuperar o noso espíritu de xogo....O EQUIPO. 
Sei que a moral do equipo está baixa, que todos saimos cabreados, iso é bo, quere decir que ainda queremos competir, que ainda queremos gañar, por iso tamén sei que iste equipo non se vai deixar ir, que vai sacar o seu amor propio para reconducir a situación.
ANIMO AVÓS 

Ao rival hai que felicitalo, fixo o seu partido, aproveitou as súas ocasións, e foi un digno gañador...O porteiro foi o mellor, moitas atopounas, pero estaba alí, facendo o seu partido...felicitacións.

Próximo partido en Tabodela, líder, un bo equipo que leva moito tempo ahí arriba, o partido será difícil pero é un bo sitio para volver a gañar, un partido dos que nos gustan, e para o que non necesitamos motivación.

No hay comentarios:

Publicar un comentario