"EL FUTBOL ET TORNAS EL QUE LI DÓNES"

domingo, 23 de octubre de 2011

ANDRADE 2 - EN XOGO 2 .............Cando dous equipos xogan....!!!

Cando dous equipos xogan o resultado é un bo partido de futbol sala.  M. Andrade con tres xogadores excepcionales: Ruiz ( para min o mellor xogador ourensán de todos os tempos), velo xogar é unha delicia; Pampin, bo amigo, pero ademais un xogador de categorías superiores, impresionante, todo o fai ben, defende, ataca, manda.... para min con Santi e Tizón, os mellores da categoría; e Diego, un xogador de raza pero que ademais sabe xogar moi ben a futbol sala.... a estes tres temos que engadirlle a Guede na portería, quizás o mellor da categoría.
Curiosamente os tres primeiros puideron ser nosos compañeiros, se o Andrade non chega a sair na competición; se iso chega a acontecer....ufffff......menudo espectáculo!!!!!

Nós acusamos (sin que sirva de excusa) algunhas das moitas baixas que tiñamos, faltaban 8 xogadores que facían un equipo mellor ca o que presentamos a xogar, a saber: Congui, Santi, Sabucedo, Pablo, Jacobo, Lois, Luis Angel, Almeida. Precisabamos dous cambios con mais frescura física (tiñamos cambios con calidade pero non físicos) para non fundirnos na segunda parte, porque os anos non pasan en balde, jejeje... E iso foi o que pasou, na primeira parte tivemos moitas e variadas ocasións, a pesar que a primeira foi deles, e poidemos ir ao descanso cunha victoria mais clara, pero entre Guede e o desatino diante da porta fomos ao descanso cunha victoria moi corta.
Na segunda parte foron mellores ca nós, baixamos fisicamente e a entrada de Ruiz cambiou o partido; fomos meténdonos atrás e deixámoslles o control do partido, algo ao que non estamos acostumados.Empatáronnos e despois puido gañar calquera.

En resumen partido vibrante e bonito entre dous equipos aos que lles gusta xogar ao futbol sala. Poucos equipos hai na categoría que teñan ese gusto por xogar. Sorte

Próximo partido na Carballeira ás 18:00 contra o Retiro. Esperamos recuperar xente que nos aporte mais frescura física.  

3 comentarios:

  1. La verdad es que estuvo bastante bien el partido, pero no nos pongas tantas medallas que después nos lo creemos y palmamos,jajaja. Da gusto divertirse jugando al fútbol sala con una pandilla de amigos y contra una pandilla de amigos . Un abrazo y mucha suerte

    ResponderEliminar
  2. Partidos asi dende logo que da gusto xogalos!!Moita sorte amigos que o merecedes!! Diego

    ResponderEliminar
  3. Moitas grazas e sorte tamén para vós....un abrazo amigos

    ResponderEliminar