"EL FUTBOL ET TORNAS EL QUE LI DÓNES"

domingo, 13 de noviembre de 2011

EN XOGO 6 - SOBRADO 3

Non damos ca tecla do xogo, melloramos algo o xogo colectivo pero non o suficiente.O partido fómolo xogar oito valientes, faltaban mais dos que estabamos.
O partido non tivo moita historia, ritmo lento e pausado toda a primeira parte, que rematamos gañando 3-0.....Na segunda un dos trencillas, vaia tarde o colega!!!, pitounos un penalti (outro, e xa van polo menos 3), por un suposta falta a un metro fora da área; xa na primeira parte se trabucara nuha cesión ao borde da nosa área...Todos estes erros son aos que me refería eu ao decir que quedan enmascarados detrás da victoria no partido, pero poden chegar a ser decisivos. Despois reparten erros pequenos para os dous. Insisto, e xa o dixen moitas veces, todos nos equivocamos,eles tamén.. Algún árbitro me dixo un día que nós, os xogadores, nos equivocamos mais ca eles.....certo, moitas mais veces.......pero a diferencia é que eles cobran por iso , e nós pagamos......... O caso é que volveu a metelos no partido, e chegaron a colocarse 4-3, pero pagaron unha cara peaxe , cargaronse de faltas e Tizón sentenciou.
Seguimos fallando moitísimo, demasiado para a calidade dos nosos xogadores.
O rival ten perigo arriba porque ten bos xogadores, atrás estiveron algo blandiños...Partido limpo e sen problemas, ao que contribuiu o feito de que faltaran os xogadores mais problemáticos deles..

Próximo partido contra o Mcadonal´s, outro rival moi complicado...Temos que seguir mellorando.


No hay comentarios:

Publicar un comentario