"EL FUTBOL ET TORNAS EL QUE LI DÓNES"

martes, 8 de noviembre de 2011

"FÚTBOL ES FÚTBOL".....TABOADELA 5 - EN XOGO 5

Molestan xa tantas victorias nosas ??  Quero pensar que non...
Fixemos un partido correcto de fútbol sala, encaixamos 2 goles de dobre penalti e 1 de penalti, ben na presión e correctos na defensa, pero faltounos definir.
Os árbitros: Ao falar con eles deume a impresión de que son boa xente, pero.......uff!!!vaia tarde!!!......  Supoño que todo o mundo ten dereito a equivocarse; houbo erros??.......sí,de vulto;  pero podes equivocarte coma todos. Ter dúas varas de medir, non podes......a vara debería ser a mesma. 
Non acostumo a escudarme detrás dunha actuación arbitral porque tamén é parte do fútbol, por iso a maior parte da culpa de empatar foi nosa, demasiados fallos diante a portería.

O rival: Hai de todo coma en botica.Sen mais comentarios.


Próximo partido contra o Sobrado na Carballeira, partido moi difícil. Foi o último equipo que nos gañou unha final, a copa de hai dous anos.

Levo moitos anos nos campos e tamén pasei moitos nos banquillos de Galicia e media España, e pensei que xa o vira todo, pero non é certo, sempre hai algo novo que me deixa pasmado, e o mesmo tempo me cabrea e alporiza, sobre todo por estar nunha simple categoría provincial, que case é a última categoría do fútbol sala. Ou  onde pensades que estamos?? En plata(2ª)...Algún nin en soños...
Por momentos dan gañas de deixalo todo. Pero neste deporte fixen moitísimos amigos, xente que merece a pena de verdade, tanto rivais  coma compañeiros.









4 comentarios:

  1. Non publico ningún comentario de xente que non recoñezo....só é para non entrar en debates absurdos..

    ResponderEliminar
  2. Non sei quen eres pero escribes a túa opinión con respeto, e iso xa me vale.
    Eu sei que non nos imos poñer dacordo,tamén sei que, nin uns nin os outros, somos santos.
    Penso que os partidos no campo son bastante limpos... ou cando menos non son duros...pero o ano pasado con tanta porquería que botastes, ou botaron sobre nos, case sen coñecernos, fixo que o ambiente se crispara moito.
    Os árbitros,nunca me escudo detrás deles,as veces acertan e as veces fallan...non quero pensar mal, non por este partido só,xa levan moitos erros en contra nosa, que as veces se ocultan detrás das nosas victorias..ollo non todos!!! Estaba cabreado con eles, non con vos, por iso lles protestaba ao final....e a experiencia che dirá que cando un rival discute cun árbitro; deixao, e non vaias meter as narices, é un mal momento....porque acabas no fregado tamén..por iso, é certo que estaba cabreado...pero á noite xa me pasou, cunhas copas...é o momento.
    Un saúdo

    ResponderEliminar
  3. Realmente foi un partidazo de futbol sala, e con iso é con o que nos temos que quedar, eu non vou a batallar por quen mereceu gañar ou quen mereceu perder.
    Oxalá todos os partidos desta liga se xogaran con esta intensidade e estas gañas de gañar porque farían que fora unha liga mais bonita aínda.
    Igual non estas dacordo conmigo pero eu os 3 últimos enfrentamentos Taboa-En xogo difruteinos mas que o resto de partidos tanto de liga como de copa CON TODOS OS MEUS RESPETOS O RESTO DE EUQUIPOS xa que nos para gañar os partidos sufrimos tinta china

    ResponderEliminar
  4. Está ben que sexan partidos intensos,iso é bo; o problema penso que ven casi todo do exterior...como xa puxen no meu comentario anterior....:""Penso que os partidos no campo son bastante limpos... ou cando menos non son duros...pero o ano pasado con tanta porquería que botastes, ou botaron sobre nós, case sen coñecernos, fixo que o ambiente se crispara moito"""
    Co tempo que levamos xogando, non temos tido tanta tensión coma nestes partidos, nin tivemos problemas con nigún rival (algúns roces, pero nada importamte)....e non sempre gañamos.
    Eu rematei cabreado o partido, certo,non con vos..pero a noite xa me pasou, isto non é mais ca un deporte para pasalo tempo.
    Un saúdo

    ResponderEliminar