"EL FUTBOL ET TORNAS EL QUE LI DÓNES"

domingo, 27 de noviembre de 2011

En Xogo 4 - Feás 4.... "TRATA DE ARRANCARLO........"

Non damos arrancado...fáltanos combustible, motor..etc..

Partido intenso e disputado; un partido que gañabamos 3-1 e rematamos empatando.
Seguimos xogando moi espeso, con demasiadas accións individuais e pouca circulación de balón.
Melloramos algo en defensa pero non o suficiente, en ataque seguimos fallando moito, por ser demasiado egoístas moitas veces; non é algo fácil de explicar nin de entender...
O rival coma sempre, un equipo duro de gañar, ben plantado e con bos xogadores...moi veterano, coma nós..
Os árbitros mal, cabrearon aos dous equipos....non souberon controlar o partido e  pitaron cousas absurdas ata a 5ª falta, e despois nin dándolle cun pao, quedei moi desconcertado pola disparidade de criterio nas faltas.

Temos que seguir mellorando, a liga púxenos moi difícil, case imposible.....pero temos que coller boas sensacións no xogo, ganas de competir, de xogar.....esa será a nosa victoria.

Próximo partido en Cea coa  A Corna....imos xogar e divertirnos

No hay comentarios:

Publicar un comentario