"EL FUTBOL ET TORNAS EL QUE LI DÓNES"

jueves, 10 de noviembre de 2011

PRESÉNTASE UNHA LIGA MOI ENTRETIDA

Vendo a clasificación, gústame moito ver na cabeza ao ES 2001, o fútbol sala en Celanova sempre tivo moita aficción e merece un equipo no alto da taboa, ollo! son un bo equipo, só perdeu un partido, o que xogou contra nos, e ao final. Dependerán da súa regularidade, o seu talón de aquiles. 
Os dous ascendidos Mcdonal´s e Cerber están rendindo moi ben, son dous equipos moi perigosos e savia nova na categoría; gran traballo co Cerber do meu amigo Marnotes, con dous xogadores como Rubén e Bolas cos que compartín viaxes e victorias nun gran Carballiño, tamén ten xente nova moi boa.
O Feás, un equipo veterano coma o noso, contra os que sempre é incómodo xogar, poden gañar a calquera en calquera campo, se están concentrados son moi perigosos, duros e intensos.Xa saben o que é gañar.
M. Andrade, do que xa falei todo, equipo moi brillante e estético no xogo, se recuperan xogadores son un firme candidato a liga. Se Moncho Ruiz quere xogar, entón ollo!!...que grande!!, para min foi un honor compartir vestiario con él, no mellor Verín FS  de sempre, cuartos en plata, rozando o play off a división de honor, tempos aqueles!!. Parece que non pasen os anos por él. Pampin, Diego, Guede, Brais, Pepe Luis (cando volva)....etc, forman un equipo temible.
Nós non estamos no noso mellor momento, pero xa sabes: "os vellos rockeiros nunca morren", daremos a cara, coma sempre, ainda que nola partan.
Tamén está o Taboadela.
Quero mencionar tamén a xente do Retiro, este ano gañáronnos despois duns cantos anos, volvo felicitalos dende aquí, son moi boa  xente, e merecen que lles saia ben todo.

 Vai ser unha liga moi disputada, ou iso parece. Sorte a todos 

2 comentarios:

  1. ola ola felicidades polo blog. vémonos tamén en retirofs@blogspot.com. saúdos

    ResponderEliminar
  2. Gracias..xa me darei unha volta polo voso blog..un saúdo

    ResponderEliminar