O noso rival desta semana era o Barreras e non se puideron presentar por diferentes motivos, así que tocounos descanso.Agradecer a Javi do Barreras que nos comunicara que non ían presentarse para que nos puideramos organizar esa tarde..Non me gusta que rematen así a tempada, espero que poidan xogar o último de liga e a copa...Por todos estes anos que votaron competindo na Provincial, algúns deles moi ben, merecen un final mellor.
A liga chega a última xornada co título no bolsillo do Taboadela, o Cerber será segundo e nós terceiros.
Por abaixo a cousa está mais complicada, despois da victoria do Avión desta semana contra o Outomuro; o Avión está casi salvado,( por calidade non tiñan que sufrir tanto)....o Primordial xa está descendido ( ten o golaverage perdido co Barbadas).....e o Barbadas meteuse no lío despois dun recta final desastrosa ( teño que decir que se disputaran todos partidos coa intensidade ca que os diputan contra o En Xogo non estarían aí ), de todos xeitos dependen deles mesmos, pero teñen que gañar; o Outomuro ten que gañar e esperar que os seus veciños do Retiro lles voten unha man....Pode haber ata un triple empate.....a solución o sábado.
"EL FUTBOL ET TORNAS EL QUE LI DÓNES"
lunes, 14 de mayo de 2012
lunes, 7 de mayo de 2012
EN XOGO 5 - AVIÓN 4....NINGUN PARTIDO É FACIL
A semana pasada deixámonos levar, esta semana corremos algo máis, disputamos o partido con mais intensidade, tamén a calidade do rival desta semana era mais alta. O Avión sempre é un equipo complicado, ten moi bos 1 contra 1, aproveitan isto e intentan sacar ventaxa desa cualidade...as veces penso que abusen diso, e aí poden estar os seus problemas.
Nós tivemos mellor actitude e disputamos o partido con intensidade, con gañas, sen sair de paseo ao campo..
Os árbitros, sen problemas..correctos.
A liga deixa ao Taboadela case co título na man a falta de dous partidos. Por abaixo, penso que queda un posto de descenso para dous equipos : Avión e Outomuro..... se o Sobrado non se complica.
Esta semana o partido Avión - Outomuro decidirá practicamente o descenso
miércoles, 2 de mayo de 2012
PRIMORDIAL 3 - EN XOGO 6.... Victoria sen mais.
Partido estrano e difícil de xogar para nós, pouca motivación porque a liga está a 4 puntos, é decir que este ano non toca....
Nesta situación, no momento de xogar estes partidos, hai dous tipos de xogadores: os que compiten sempre e os que non....teño claro que se non corres non gañas, se non compites non gañas... isto resume o partido, un partido sen maior trascendencia para nós ainda que o rival se xogaba o descenso.
Ao final impuxemos a calidade, pero a nosa vagancia no xogo a punto estivo de costarnos o partido.
Debemos xogar a tope ata rematar a liga para non perxudicar a ningún equipo dos que se xogan o descenso, e así o faremos...
O rival: vaille costar manter a categoría
Os árbitros: ben, sen problemas, pero sigo insistindo co nivel dalgúns/as.
A xornada deixa a o Taboadela máis cerca do título, e por abaixo segue a loita entre os mesmos equipos, todo pode resolverse na última xornada.
Próximo partido na Carballeira ás 17:30 contra o Avión.

martes, 24 de abril de 2012
EN XOGO 5 - A CORNA 2......TIVEMOS QUE LOITAR PARA SACAR O PARTIDO ADIANTE
Non estabamos nas mellores circunstancias para gañar este partido ( ata 7 baixas), e dos que xogaron algúns estaban tocados. Neste punto hai que salientar o sacrificio que esta facendo Tizón, porque ten unha lesión no talón moi dolorosa, pero cada sábado ven xogar..
O partido foi sufrido e tivemos que poñernos o mono de traballo; non foi un partido brillante e sacamólo adiante defendendo, sobre todo na segunda parte, porque na primeira non estivemos moi intensos..
O rival: un equipo que este ano está mais baixo, está vido a menos, pero sempre perigoso.
Os árbitros: unha de cal e outra de area...de todos xeitos sen influir no marcador.
A liga por arriba segue igual co Taboadela líder virtual e o Cerber pegado....e nos detrás por si se equivocan.
Por abaixo a cousa está que arde Primordial 20, Avión e Outumuro 21 e Sobrado, que se meteu no lío, 24...
Dous deles, se a federación non di o contrario, descenden.Moita emoción.

lunes, 16 de abril de 2012
SEMANA DE DESCANSO PARA NÓS
Esta semana tocaba descanso pola desaparición do Feás. O fútbol sala está cada vez peor, seguen desaparecendo equipos...estamos nunha época de recesión e o fútbol sala é un deporte que sobrevive, nunha grande maioría, das pequenas casas publicitarias.Cada vez é un deporte mais caro, como as institucións non axuden acabará morrendo... as canchas, as fichas (demasiado caras),a arbitraxe, supoñen un custo elevado para moitos equipos...moitos levamos anos poñendo do noso peto todo ou parte dese diñeiro."Esto non pinta ben"
Esta semana na liga provincial o Cerber sorprendeu ao Taboadela, e deixa a clasificación moi apretrada e unhas últimas xornadas emocionantes.Nós estamos a 4 puntos da cabeza, e isto fai que nos lamentemos da mala sorte que tivemos nos partidos empatados co Taboadela e algún mais, pero non se pode gañar sempre.
Por abaixo o Barreras parece sentenciado, o Avión está nun bo lío, o Primordial colle aire e complicalle a vida ao Outomuro, que perdeu forza..
Quedan unhas xornadas emocionantes, isto dignifica un pouco esta competición.
miércoles, 4 de abril de 2012
EN XOGO 7 - MCDONAL`S 6...... OS BOS SAMARITANOS!!
Facemos amigos case en cada partido, neste fixemos o mais difícil que era dominar o partido e o marcador...con 5-2 deixamos de xogar, afloxamos e colocáronse 5-4, apretamos de novo ata o 7-4 e deixamonos ir de novo. Faltounos instinto "asesino", deportivamente falando.
Penso que non estivemos ben, xogamos a impulsos ,sen continuidade e demasiado individualistas por momentos. Temos que recuperar o xogo de equipo, ou facelo durante mais minutos.
O rival convertiu o partido nun correcalles, e ise non é o noso xogo..ao non ter un xogo posicional fluido intentan correr e facer un contra un en calquera parte do campo amparados na súa fortaleza física.
Os árbitros estiveron correctos..pero hai algo que non consigo entender,os contactos...Hai moita xente de fútbol xogando a fútbol sala e son dous deportes diferentes e sigo insistindo ,os árbitros non deberían permitir eses contactos, sobre todo coas mans.
Esta semana debutou, por fin, Oscar Sabucedo, un xogador importante para nós, aporta mais equilibrio defensivo.. esperemos que poida xogar mais polo miúdo...E a pesar de que non me gusta destacar a ninguén dos meus amigos de equipo, si teño que decir que Marcos, que agora pode xogar mais veces, tira do equipo nos momentos mais difíciles, defende, ataca.. un xogador "universal",un "canchero"; e destacar tamén a Peke, un xogador que sempre intenta por criterio no noso xogo, que intenta por cordura cando o noso xogo se convirte nun xeroglífico indescifrable.
A liga depois desta xornada deixa ao Taboadela mais cerca do título, cunha xornada menos, decisivo será o seguinte partido co Cerber.
Por abaixo o Lasider respira, o Primordial engánchanse a loita co Outomuro e co Avión..... está emocionante isto.O Barreras descolgase, unha pena.
lunes, 26 de marzo de 2012
SOBRADO 4 EN XOGO 6.........ERA UN PARTIDO TRAMPA!!!
Sabiamos que o partido ía ser difícil, un rival cunha posición na liga comprometida e unha vella rivalidade.
O partido estivo igualado durante bastante tempo pola nosa falta de acerto, polo noso individualismo nalgunhas xogadas, e por fallar coma sempre diante a portería..Cando decidimos que era mellor tirar dúas paredes en lugar de dous regates rematamos co partido..
O rival: un equipo con calidade nalgúns dos xogadores, un equipo que contra nós xoga hipermotivado; pero dubido que xogue todos os partidos así, se o fixera non estaría tan abaixo...Xogaron por momentos demasiado excitados, exaltados...e iso xogou na súa contra.
Os árbitros: sen influencia no resultado, erros de apreciación repartidos para os dous equipos.....penso que foron indulxentes nalgunhas sancións.
A xornada deixounos outra debacle do Cerber, co cal a liga queda practicamente decidida...
Nós, nunha tempada ligueira que consideramos mala ou cando menos floxa, estamos amenazando o segundo posto.....Estamos mal acostumados e non podemos gañar sempre.
Por abaixo Barreras e Primordial teñeno difícil, e Outomuro e Avión seguen na loita por escapar do descenso...está moi igualado.
lunes, 19 de marzo de 2012
EN XOGO 3 TABOADELA 3......VER PARA CREER!!
Sí, ver para creer, porque o partido do sábado só se pode creer se o ves.
Comenzamos o partido dominando, mandando ,pero non atinamos coa portería, sí atinamos co porteiro, que parou case todo o que tiramos excepto un regalo deles nun saque de banda.No ecuador da primeira parte, sacudironse o dominio e aproveitaron un regalo noso para empatar, a partir de aí a primeira parte igualouse mais nas chegadas a portería, igualdade rota por un golazo a escadra que os adiantaba no marcador 2-1 e así rematou a primeira parte.
Na segunda parte só xogou un equipo, o outro chegou dúas veces a portería e unha delas foi gol pola escadra, increíble, 3-1 sen apenas nada.....Pero con quince minutos por diante o resto do partido fixoselle de noite, cinco paos, balóns sacados da liña, e innumerables e increíbles paradas do seu porteiro....iamos 3-3 e nin sequera fixen o plantexamento de atacar de cinco porque vía o gol moi cerca, tan cerca que ainda estou pensando como non entraron eses balóns, eran incapaces defendernos e encomendáronse ao seu porteiro e a sorte.
Nós: sempre son moi crítico co noso xogo pero neste partido non teño nada que reprochar, se acaso por momentos fomos moi individualistas,lamentar a nosa mala sorte.
Arbitros: Non influiron no resultado, pero como lles dixen na pista, este deporte é fútbol-sala e non fútbol, e polo tanto empregar as mans é falta, e desas foron unhas cantas.....os nosos leváronse uns poucos mamporros..sen ir mais lonxe a expulsión de Marcos foi un golpe na cara que recibiu él mesmo..o que houbera sido doble penalti ao noso favor, pero que rematou coa súa expulsión( pola falta posterior) dun dos nosos mellores xogadores na recta final.
Rival: Xogan físicamente, as veces por enriba do límite, culpa deles non, hai que paralo antes.....Esperaba mais deles, pensaba que ían xogar doutro xeito, pero na segunda parte non existiron, metéronse na súa portería e intentaban meter o balón largo ao pivot a ver se sonaba flauta, o de sempre.
Meteron dous golazos, imparables, o resto do xogo foi o de sempre(non o vou analizar aquí)...e ainda que sigo pensando que algo evolucionaron tacticamente, neste partido non lles vin nada que faga presaxiar isa mellora, teñen boa codición física porque correr si que correron e defenderon.......pero xogar (neste partido) nada de nada. Sen creatividade nin imaxinación. Aguantaron e punto.
Tampouco me gustaron os malos modos dalgúns xogadores, dende logo nada que me sorprenda; e algún detalle pouco deportivo que non vou explicar aquí, queda no campo.
Tampouco me gustaron os malos modos dalgúns xogadores, dende logo nada que me sorprenda; e algún detalle pouco deportivo que non vou explicar aquí, queda no campo.
Non sairon goledados por sorte para eles......ollo!! posiblemente a sorte do campión; porque despois da derrota do Cerber teñen a liga de cara.
lunes, 12 de marzo de 2012
RETIRO 5 EN XOGO 6......PARTIDO INTENSO
Partido extraño, difícil de calificar, por un momento pensei que xogabamos a fútbol e non a fútbol sala. Demasiados permisivos os árbitros cos seus contactos, empregando as mans en cada contacto coma se fose fútbol...claro está que a Tizón "cosérono" unha vez mais, "vale tudo" para detelo; hai dous partidos expulsárono por reaccionar mal a unha entrada por detrás dun rival, sin embargo o infractor rematou o partido... increíble. O sábado, mais do mesmo,levou paos e recados..pero ollo!!! que non digo que os rivais o fixeran a mala fe, non; son moi físicos e son futboleros, pero isto é fútbol sala.
Dito isto; ten moito mérito o que fixo o rival sen porteiro, mantívose no partido coas súas armas...moita presencia física, correndo por cada balón......un equipo complicado dende logo!
Nós, mal, moi mal...saimos coa torrija de sempre, e non me gusta, teremos que cambiar algo, algo faremos!!, porque a nosa posta en escena, e xa van varios partidos, é lamentable, e nalgún partido saiunos moi caro...ollo!!.
Temos que ser mais contundentes cara a portería, seguimos fallando moito, demasiado; isto levounos a convertir a recta final do partido nun "correcalles"...e co partido apretado decidiu a nosa experiencia nesas situacións.
Da arbitraxe: decir que viñeron dous e arbitrou só un, sobre a súa actuación xa comentei antes que para min permitiron demasiados contactos...pero supoño que son interpretacións!! non é fácil arbitrar un partido así...
A xornada deixounos a derrota do Cerber co ES2001, o que deixa ao Taboadela como líder virtual da liga... Xa dixen neste blog que o Cerber iba pasalo mal para manterse aí arriba, o Taboadela é mais compacto...O partido que xoguen entre eles será decisivo para a liga...o Taboadela ten un partido complicado con nós este sábado, pero ainda perdendo dependerán deles mesmos..
lunes, 5 de marzo de 2012
EN XOGO 3 ANDRADE 2 ............ BO PARTIDO
Non pintaba ben o partido, tiñamos demasiadas baixas e enfrente un rival moi forte, pero sacámolo adiante con paciencia e oficio, nunha victoria penso que merecida.
Comenzou o partido cun Andrade moi forte, apretando e meténdonos moi atrás; apenas eramos capaces de chegar a súa portería con perigo...presionamos mal, e defendemos peor...e regalamos un gol. A pesar disto fomos capaces de igualar dúas veces o marcador para rematar a primeira parte 2-2...cun penalti en cada área.
A segunda parte foi diferente, axustamos mellor as marcas na presión, xa non saían tan cómodos, e puxemos un pouco mais de intensidade. Nos primeiros dez minutos da segunda parte eles fixeron só un remate claro a portería, pero non tivemos a sorte de cara e non fomos capaces de marcar algunha das moitas ocasións que creamos; co paso dos minutos e na recta final eles sacudironse a presión. Marcamos o 3-2 nunha boa xogada de Peque, e chegada de Marcos( partidazo o seu) ao segundo pao, que definiu cunha volea....tivemos un par de ocasións claras para sentenciar, pero o fútbol pode ser moi caprichoso e estiveron a punto de empatar cun tiro ao pao a falta de 1 minuto...
Tiñamos baixas importantes, pero o equipo sacou a raza para gañar, boa actitude de todos e boa defensa na segunda parte.
O rival, un bo equipo de fútbol sala, comezou moi forte, como esperabamos, pero cando se lle acabou a frescura viñéronse abaixo.
Na segunda parte baixaron moito, en grande parte debido a falta de banco; porque penso que do seu equipo titular ao suplente houbo moita diferencia.
Esta vez viñeron "dous" árbitros...e teño que decir que me axudaron a aclarar algunhas pequenas dudas do regulamento.
Os árbitros para min estiveron correctos, controlaron o partido sen problemas, con autoridade e con diálogo... Pitaron dous penaltis; eles queixáronse de que o deles non foi , nós dunha acción clara ao borde da súa área con 5 faltas.....son interpretacións !!. O certo é que nos árbitros as categorías tamén están para algo, e hai moita diferencia entre uns e outros, algúns non dan o nivel.
Na liga segue a loita polo título entre o Cerber e o Taboadela.
Nós estamos aí, por se fallan, cousa bastante improbable; deixamos moitos puntos en partidos doados e nos minutos finais.
O descenso tamén está moi complicado, con seis equipos loitando por evitar as tres prazas que quedan por decidir.

Suscribirse a:
Entradas (Atom)