"EL FUTBOL ET TORNAS EL QUE LI DÓNES"

lunes, 25 de febrero de 2013

LA BULL 2 - EN XOGO 7.....Gladiadores!!

Fomos xogar un partido con moitas baixas e moi importantes. Por diferentes motivos faltaban Peke, Luis Angel, Suso, Marcos, sen contar a Santi claro, xogadores de moitos minutos.
Os que xogaron fixeron un exemplo do que debe ser un equipo, sen egoísmo, solidarios en defensa; todos estiveron inmensos, pero debo destacar a Jacobo e Sabucedo, que xogaron todo o partido sen pausa, impresionantes; e por suposto a Tizón, un xogador único, él solo fixo temblar toda a defensa contraria.
O partido xogouse ao que nos quixemos, a súa mellor condición física chocou contra a nosa defensa e mellor colocación sobre a pista, xa rematou a primeira parte 1-4; na segunda as cousas cambiaron moi pouco, quizais que aumentou o noso cansancio, pero foi algo que suplimos con carácter e testiculina.
Para algún xogador rival foi un exemplo de humildade, xa se ve que sabe pouco( ou nada) deste deporte; sempre hai algún sobrado. Polo demais son boa xente, fan o seu xogo, moi forte físicamente con calidade nalgúns xogadores, pero desorganizados tacticamente.
Os árbitros: luces e sombras, as veces complicanse a vida innecesariamente.
 
Polo que repecta a liga, quedou media sentenciada este sábado, coa victoria do Ponte diante da Veiga, nun partido dominado polos da Rúa cun futsal alegre, pero que perderon por falta de acerto diante a portería contraria.O Ponte con algunha baixa importante fixo un partido serio, sen grandes alardes, pero efectivo.
O Manzaneda coa desaparición do Galipán meteuse na pomada, ao retirarnos os puntos a varios equipos.
A Veiga fai un par de fichas mais, importantes, para acechar o segundo posto.
 
Esta semana enfrentámonos ao Ponte, partido moi duro, pero que esperamos con gañas e listos para a batalla, debutará no noso equipo Tractor
 

martes, 19 de febrero de 2013

EN XOGO 7 - RETIRO 4

O sábado xogamos diante do colista,o Retiro, un equipo que sempre nos deu moitos problemas sobre todo na súa casa, pero nestes momentos é un equipo vido a menos, está último clasificado e con moitos problemas para permanecer na categoría, presentáronse sen porteiro, e xogou un xogador de campo, que por certo, foi o mellor deles. 
O rival: un equipo de xogadores de fútbol, o que supón ventaxes e sobre todo inconvintes a hora de xogar a fútbol sala, un deporte moi diferente ao fútbol( so se parecen en que se xoga co pe)...intentano  con moito choque e contacto, se queren poden salvar a categoría.
 
Os árbitros:Despercibidos
 
Nós: Dominamos e controlamos o partido ata colocarnos 6-1 no marcador, despois deixámonos ir e  xogou a xente que normalmente ten menos minutos.
Temos a partir de agora 5 partidos seguidos que marcaran se podemos gañar a liga ou non, moi difícil pero intentarémolo.
 
A liga segue dominada con autoridade polo Ponte, que derrotou con suma facilidade a Bull, un equipo moi irregular. Loitando polo segundo posto estamos En Xogo, A Veiga e Manzaneda.
 

martes, 12 de febrero de 2013

VIVA O ENTROIDO

Fin de semana de entroido. Sendo Ourense un punto neurálxico do entroido faise difícil entender porque non se parou a competición, sendo amateurs como somos.Nós e mailo Andrade decidimos tomarnos as cousas con calma e parar este fin de semana.

Ahhhh....os arbitros perfectos esta semana no noso partido!!!
 
A liga déixanos ao Ponte en cabeza, segue gañando, e penso que se vai reforzar  con algún xogador mais...non sei con que fin, supoño que será con miras ao futuro, porque para gañar esta liga non penso que lles fagan falla mais reforzos, mantendo o ritmo dos adestramentos deberíalles ser suficiente.
A Veiga perde coa Bull e déixalle a liga en bandexa ao Ponte, quedando empatados con nós a 5 puntos do líder.
O Manzaneda está aí amenzando o segundo posto; a Bull, cal e area, nunca sabes, capaz de gañarlle a Veiga e de perder 12-1 co Andrade.
Por abaixo Retiro no fondo, Avión e Seixalbo loitando por sair, e a Corna que se pode meter en problemas.

A baixa dun equipo,o Galipán, volve deixar a liga viciada ao ser un equipo importante da categoría..os puntos varían e desvirtuan a liga.
A culpa disto é da Federación.....porque eu non estou dacordo cos pagos desmesurados por unha tempada....pero cando empeza estou ao día de pago, aceptando estes costes; pois a Federación non debe deixar comezar a quen non este ao día de pagos, e non a metade da liga desaparecer un equipo.

martes, 5 de febrero de 2013

EN XOGO 10 - A CORNA 2

Partido sen moita historia, dominamos o partido con claridade e facilidade, repartimos moito os minutos entre todos os xogadores; xogando mais aqueles menos habituais.
O rival so competiu nos primeiros minutos, despois viuse desbordado e baixaron os brazos.
Os arbitros: sen problemas, partido doado para eles.
Nós fixemos un partido aceptable, facendo minutos de bo xogo pero sen grandes alardes. Salientable é a intensidade que tivemos ata o final do partido.
 
A liga segue co Ponte na cabeza......a espera da resolución do partido co Andrade que foi suspendido, supoño que polo medo dos árbitros( con victoria momentánea para o Ponte 6-5 a falta de 7 minutos). Segue detrás a Veiga, que está aguantando o tipo, e detrás os avós do En Xogo loitando, un ano mais, pola liga.
 
A previsible baixa do Arranxar/Galipán deixa a cabeza mais apretada, beneficiando ao Manzaneda e ao Andrade, que foron  derrotados nos seus respectivos partidos contra o Galipán.......mentras aos outros seranlle deducidos tres puntos da clasificación.
 
Denuciar dende este blog o ridículo do comite arbitral unha vez mais. Ao arbitro que minte na acta do noso partido contra o Seixalbo, non so non vai a nevera, senón que lle dan o mellor partido da seguinte xornada.....partido que foi suspendido, casualidade ??
 

miércoles, 30 de enero de 2013

SEIXALBO 5 - EN XOGO 9

Gañamos un partido difícil, diante dun rival que nos puxo as cousas complicadas, o resultado final de 5-9 non reflexa igualdade existente na maior parte do partido; so nos últimos 10 minutos conseguimos distanciarnos no marcador, gracias ao acerto cara a portería de Tizón, autor de 7 goles.
O partido estivo marcado pola nefasta actuación arbitral, os dous colexiados do partido deron un espectáculo de erros, tarxetas e prepotencia incomprensibles.Non dan o nivel para arbitrar, cometendo erros técnicos de non saber, ou non aplicar o regulamento. Enriba de todo iso redactan un anexo no que contan a súa versión dos feitos que dista bastante da realidade. 
 
Alguén debería dimitir; os responsables destes atropellos arbitrales cada semana ( nomes coñecidos) son os primeiros que deberían deixar paso a outras persoas que poñan un pouco mais de coherencia e seriedade nun colectivo arbitral que o único que non esquecen e cobrar....e están ben pagados.
Nós estamos fartos, chegando a valorar se merece a pena seguir neste circo; un circo, por outra parte, demasiado caro.

A liga segue co Ponte na cabeza sen fallar...detrás Veiga e En Xogo mantendo o ritmo. Por abaixo o Avión quere sair do pozo, presentase unha loita co Retiro e Seixalbo para evitar o descenso.

O Galipán no xogará por segunda semana consecutiva, por non satisfacer os pagos.....volverán xogar cando paguen a deuda; en caso de non pagar 4 semanas seguidas quedaran expulsados da competición.

 

martes, 22 de enero de 2013

Os Peares 3 - En Xogo 6

Partido de paciencia foi o que fixemos o sábado, o campo non invitaba a moitos alardes. Dominamos o partido dende o primeiro minuto, pero foron eles os que se adiantaron no marcador; co paso dos minutos e sobre todo na segunda parte botamos abaixo o muro que tiñan montado diante do súa portería, o porteiro rival e os paos evitaron unha goleada.Cando se viron por detrás no marcador sairon algo da cova, e ainda que marcaron algún gol, encaixaron varios e puideron encaixar moitos mais.
O rival: Son xogadores de fútbol, e ainda que non dúbido que a fútbol serán uns xogadores aceptables, a fútbol sala faltalles.Xogan con moita forza, corren, disputan....e isto xa e suficiente para salvarse e facer unha campaña digna na categoría.Outra cousa é a xente da grada, pouca educación, estamos en provincial!!!
Os arbitros: Empezaron ben, despois, sería por aburrimento, pitaron cousas extrañas, que xa aclarei con eles ao rematar o partido..Polo demais, correctos.
Nós xogamos un partido con calma, moi pacientes, sabendo que a bola ía entrar mais cedo ou mais tarde...En xeral foi un partido xogado con moita cabeza, nun campo e nun ambiente difícil.
 
Na liga,O Ponte segue gañando, A Veiga pincha, e o Manzaneda perde co Galipán..Por abaixo o Avión gaña o seu primeiro partido. 
 

domingo, 13 de enero de 2013

COMEZAMOS O NOVO ANO CON VICTORIA.......GALIPAN 3 - EN XOGO 6

Era un partido complicado o do Galipán; chegamos ao partido con algunhas baixas notables e cas barrigas cheas de turrón....é o problema de non adestrar.
O partido comenzou cun curso acelerado de fútbol sala....Peke, Luis Angel, Tizón e Marcos recordaron tempos pasados noutras categorías para sacarse uns 10 primeiros minutos de cine, saindo fácil de presión, boas aparicións entre liñas, xogando a tres toques e ganando as costas con relativa facilidade; a pesar disto os rivais adiantaronse grazas a un penalti que so viron aos árbitros( que ganas de protagonismo!!), a pesar disto démoslle a volta ao marcador e rematamos gañando a primeira parte 2-3.Na segunda parte plantamos unha boa defensa, o rival estrellouse contra ela e terminamos resolvendo o partido a contra.Intentárono con ataque de 5 pero foi moi previsible a pesar de ter algunha ocasión.
Os árbitros: Sen comentarios!!...Teño respeto por moitos deles, pero insisto no mesmo... moitos non dan o nivel.
O rival: Bos xogadores; Oli é un xogador excelente,Tractor e varias individualidades mais, interesantes.... pero para min son iso, un grupo de bos xogadores, non un equipo.
Nós: Bo partido, tivemos momentos dun xogo excelente...e manexando o partido con seguridade na segunda metade.

Na liga, a falta dunha xornada para rematar a primeira volta, o Ponte segue con paso firme e o Galipán desínflase. 

lunes, 17 de diciembre de 2012

LASIDER 4 EN XOGO 4....¿?

A verdade é que tiña o comentario sobre o partido, pero iso é o menos importante.
Gústame o fúbol sala, levo nel dende que moitos rivais desta liga non naceran...pero empézome a cansar, e o vivido o sábado foi un paso mais para deixar todo isto.....Pensei que o tiña visto todo por eses campos de España adiante...pero non é así, sempre te poden sorprender.
Pero onde pensa a xente que xogamos ??..Esta é unha categoría de mala morte no fútbol sala, para divertirse e matar o gusanillo...isto fai que non entenda moitas cousas, moitos comportamentos..... Gañar,sí.......pero non a calquera precio...."O fin nunca debe xustificar os medios"
Noutro tempo, noutras categorías e nos peores campos, en canto a presión ambiental me refiro, tiven que aguantar moitas cousas; pero nesta categoría....non por favor, na miña cidade....non por favor; todo ten un límite.......... Agora, iso sí, retroceder, nen para coller impulso.
Para min os árbitros consinten moito,e iso non axuda a facer unha liga mellor...non digo que o fagan sempre mal, non.. digo que a arbitraxe ten que ser igual de dura ca en liga nacional...evitariamos moitos problemas, e moita crispación......polo menos por parte do noso equipo.
Podo protestar e incluso discutir cun árbitro, pero escupirlle, amenazalo, e amagar con agredilo....nunca.....Se algún día me pasa non vou mais a un campo.
 
Na liga: Ponte segue intratable no seu man a man coa Veiga.. a Bull ven coma un tiro, Galipán e En Xogo tropezan, pero..... a liga é  moi larga 

lunes, 3 de diciembre de 2012

EN XOGO 8 - BEARIZ 1

Partido no que comezamos encaixando o único gol que recibimos no partido, nunha xogada un tanto rara despois dun saque de banda. A partir de aí tomamos o mando do encontro e xa non lle demos opcións ao rival.
O rival é un equipo rápido, cun xogo moi directo; creáronnos problemas ao principio de cada parte, despois co paso dos minutos fóronse diluindo.
Nós tivemos bos minutos de intensa presión e minutos de siesta e relaxación.
Os árbitros correctos, sen problemas.

A liga deixounos como destacable a derrota do Galipán diante da Bull, un equipo sempre complicado, sobre todo na súa cancha.

lunes, 26 de noviembre de 2012

AVION 2 - EN XOGO 6

Partido sen moita historia o xogado en Avión; dominamos dende o principio con moitas ocasións e facendo un xogo combinativo bastante aceptable....pero non foi un paseo, o Avión sempre resulta un rival incómodo e mais naquela pista, corren e fante correr.
Os árbitros: Ben, sen problema e sen complicarse a vida pitando cousas absurdas como fan tantos.
O rival: vai ter problemas para manter a categoría, a baixa do seu mellor xogador para o resto da tempada, vaille supoñer un gran problema.
Nós: Melloramos algo o noso xogo, pero tamén penso que o rival baixou os brazos e nos deu moitas facilidades.

A liga deixanos ao Manzaneda en caida libre, tres partidos perdidos seguidos... Como xa advertira hai unhas semanas había que esperar aos "toros bravos" para ver o seu verdadeiro nivel..  Moita igualdade nos 5 primeiros...Quedame a dubida se os da Veiga aguantaran toda a tempada a este ritmo...O Ponte é o máximo favorito....solo polo que adestran xa ten moito gañado.

Decir que o partido Peares-Andrade non se disputou porque os arbitros chegaron media hora tarde a cancha. O equipo do Andrade decidiu non xogar e dende este blog quero darlles o meu apoio.
Se chegamos cas fichas tarde somos sancionados...hai dúas semanas na Rúa chegamos cinco minutos antes de empezar o partido ( tivemos unha viaxe complicada), foi recollido en acta e seremos multados.
¿ E agora qué? ¿Quen paga os gastos da viaxe do Andrade?...Deberían deducirlle os gastos da viaxe do arbitraxe que deben pagar. Se nos esixen, deben cumplir.