"EL FUTBOL ET TORNAS EL QUE LI DÓNES"

martes, 13 de noviembre de 2012

A VEIGA 9 - EN XOGO 7...SEN CONTROL

Partido estrano o xogado na Rúa, chegamos xustos de tempo, e con ausencias importantes.Perdemos, pero tamén puidemos gañar ou empatar vistas as ocasións falladas...O partido comezou mal, mentras na súa portería fallamos ata 5 man a man co porteiro, eles cada fallo noso castigarono con gol...Na segunda parte cando xa parecía que tiñamos o partido perdido demos un arreón e estivemos cerca de empatar, pero volvemos errar en xogadas decisivas.
O rival: Ten dous xogadores que están entre os 5 mellores da liga, cada fallo penalizano moito...isto é calidade na definición. Segundo nós chegamos diante do porteiro e fallamos moito eles poucas fallaron e as que non meteron foi por acerto do noso porteiro.Son un equipo alegre no xogo, intentan facer bos movementos....pero descoidan un pouco a defensa. Claro que co acerto que ten cara a portería alcanzalles para gañar.Xustos vencedores
Os arbitros: Ben, sen problemas, sen complicarse a vida.
Nos: Entramos no seu  xogo de ida e volta, non fomos capaces de parar o partido e acusamos as baixas de un par de xogadores que si nos axudarían a calmar e levar o xogo ao noso estilo...horribles defensivamente e mal en ataque, así non se pode gañar.

A derrota do Manzaneda diante do Ponte, iguala a cabeza da liga con mais equipos implicados..
Esta semana o partido En Xogo-Manzaneda...será decisivo para nós, ou nos enganchamos a cabeza ou nos descolgamos.

domingo, 4 de noviembre de 2012

PONTE 6 EN XOGO 5.....Facendo amigos

Chegou o nadal a Carballeira, e co noso equipo xogaban Papa Noel e os Reis Magos..Non pode ser que dilapidemos outra vez un 4-1, con tres regalos na recta final da primeira parte,intentando inventar non sei ben o que....iste deporte é mais fácil ca todo iso; o caso é que rematou a primeira parte 4-4...e fixemos nos todo. Na segunda puxemoslle a alfombra para que o mellor xogador deles fixese o 5-4....catro goles seguidos encaixados..Despois de moito fallar en ataque conseguimos empatar...e os últimos minutos foi un acoso e derribo a súa portería, pero perdonamos demasiado, os árbitros botaronlles unha man...como non!! o caso e que quedando 1 minuto diante do porteiro fallamos a enésima ocasión...e esa contra cun rebote  e rematando mal a nosa porta perdemos....ver para creer!!
Análisis:
Nós: Moi individualistas por momentos...e ademais somos irmanciñas da caridade...algo está cambiando porque xa nos pasou na copa...Despois demos a cara e fomos polo partido. Non hai nada que reprochar... 
Os rivais: Adestran dous ou tres días a semana... para qué?? Para non dar superado a presión duns vellos...os últimos 5 minutos foi un equipo deprimente....pegábanlle para arriba!!,valialles o empate ?? Claro que si.. Neses minutos frenaron a Santi e Tizón a base de patadas,moi claras co beneplácito arbitral....O penalti a Santi, con entrada por detrás, non so é penalti, senón tamén expulsión. A verdade é que sempre vexo algo positivo nos meus rivais, pero neste caso supónselle outro potencial a un equipo que baixa de 1ªB....mal nas saidas de presión,estratexia nula, etc.....¡¡ Ai se nós puideramos adestrar 2 días !!! O único que fixeron ben foi aproveitar os nosos regalos, e chegoulles para gañar...Non quero seguir escribindo, porque foi un equipo que adestrei e co ascendemos de autonómica e mantivemos en 1ªB, pero anda a deriva, leva anos a deriva....cal é o seu futuro?? Xogar na provincial cos veteranos??
Os árbitros: No partido anterior, un doble penalti a favor do Andrade, colocárono en 12 metros...vendo iso, que podes esperar?? Polo menos que se equivoquen para os dous, pero non foi así...Consentironlle de todo aos rivais para frenarnos, os últimos minutos foron de traca, paos, paos e mais paos...unha vergonza.Por non saber nen saben as normas...Equivocaronse e moito, pero sempre para o mesmo lado....A creencia no noso vestiario é que un deles ven sempre a por nós, a faino a propósito...xa non é a primeira vez......
Hai que axudar ao Ponte a gañar unha competición menor?? Espero que a súa influencia non chegue para tanto, e so para colocar uns horarios a carta.
Xa está ben, moitos equipos estamos fartos da incompetencia arbitral semana tras semana...o seu nivel non está a altura do nivel dos equipos...e son os únicos que cobran. 

O Manzaneda segue intratable, eu supoño que baixaran o rendemento cara a segunda volta...senón non hai nada que facer.
A liga vai estar igualada e bonita,pero é  unha carreira de fondo.

lunes, 29 de octubre de 2012

EN XOGO 4 - LA BULL 3

Partidos difíciles son sempre os que disputamos diante deste equipo.Xogamos mal, moi mal e así empezamos perdendo 0-2.Sen alma, sen consistencia...o noso xogo foi penoso.Este é un deporte de cambios de ritmo, non de trote...A pesar de todo este equipo ten algo que o diferencia dos demais, o amor propio, a competitividade..senón con 40 anos estariamos na casa xogando as cartas. Acortamos distancias antes do descanso 1-2.
Na segunda metade non melloramos o xogo, pero sacamos o orgullo, ese plus que damos sempre nos partidos trabados e nos últimos minutos demoslle a volta ao 2-3. Fallamos goles claros, pero tamén os nosos porteiros tiveron traballo.
Temos moito que mellorar, sobre todo cara a portería, fallamos demasiado.
Os rivais, son un equipo complicado, traían poucos xogadores, e iso penalizounos.
Os árbitros, sobreactuaron....non entendo nada, non tiveron un  criterio definido nin equitativo, desorientounos moito a súa actuación.

A xornada de liga deixounos a derrota do Ponte na Rúa, diante da Veiga, campo complicado. O que ven a demostrar a igualdade da liga, e o difícil que é gañala.O Manzaneda segue gañando, vamos ver o seu nivel cando lle cheguen os "toros bravos".

lunes, 22 de octubre de 2012

RETIRO 2 - EN XOGO 4......PARTIDO DURO

Xogar en Outomuro nunca foi doado, a pista agarra moito e unha pista lenta e o Retiro xogando na casa con todos os seus xogadores é un rival complicado.
Foi un partido duro, intenso e complicado.Tivemos que poñernos o traxe de faena para sacalo adiante....tivemos moitas ocasións pero non nos adiantamos ata o final da primeira parte.Na segunda parte deixámolo case sentenciado co 0-3 pero a partir de aí foi cando mais sufrimos atrás....ainda así a victoria nunca perigou.
Os rivais son un equipo complicado na casa, e espero que lles xoguen aos demais equipos como nos xogaron a nós; se xogan con esa intensidade e disposición sairán do pozo e non pasaran apuros.
Os árbitros nunca deixan contento a ninguén...eu queixome da permisividade nas faltas, eles son xogadores de fútbol e empregan moito as mans, e todas son faltas...van o límite e algúns sobrepasárono, ainda que foron xogadas puntuais.Non vale todo para frenar aos rivais(sobre todo a Tizón).Demasiada permisividade
Nós, temos que mellorar o acerto cara a portería e algunhas cousiñas mais.

A xornada deixa ao Manzaneda como líder solvente despois de gañar ao Andrade..ollo con este equipo! tiven a posibilidade de ver ise partido e demostrou ser un claro candidato a gañar a liga senon perden forza fora, na súa casa son moi complicados ( onde contan ademais coa presencia de Ramón , un dos mellores xogadores desta liga). O Ponte gañoulle a Bull, que este ano parece vir a menos, pero non é un rival fácil...Son os dous máximos favoritos, nós intentaremos competir ata onde poidamos.
A Veiga gañoulle ao Galipán, nun resultado de primeira parte de balonmano...un partido a tumba aberta...O Andrade, a Bull e o Galipan descolganse da cabeza.


lunes, 15 de octubre de 2012

EN XOGO 3 - ANDRADE 3

Reparto de puntos entre os dous equipos mais veteranos da liga.O partido empezou cunha torrija grande pola nosa parte e iso levounos a poñernos perdendo 2-0, rematou a primeira parte cun  2-1 moi apretado.A segunda parte dominamos os 12 primeiros minutos, cun acoso e derribo da portería de Guede, pero éste con varias paradas de moito mérito só nos deixou empatar...e facendo boa a lei do futbol, se perdoas pagalo, e así foi, apretaronnos durante varios minutos, obligando a Congui a facer varias paradas difíciles e terminaron marcando o 3-2...inxusto, pero....intentamos sin éxito empatar, non o conseguimos, ata que fixemos un ataque de 5, e na primeira posesión tivemos a sorte de marcar ( sorte que antes nos faltara).
Nós: Acusamos as baixas, todas xuntas, incluso para un equipo tan largo de plantilla son un lastre moi grande..A pesar das baixas de Tizón, Luis Angel, Sabucedo, Jacobo, Santi....o equipo fixo un partido bastante bo diante dun rival difícil
O rival: bo equipo de fútbol sala, xogan ben, ficharon ben...e ainda que acusan a baixa de Pampin son sempre moi complicados...Ten posiblemente a mellor portería da liga con Rubén e Guede...bos amigos sempre é un placer xogar contra eles.
Os árbitros: correctos, pero a nova reglamentación confundeos moito...a eles e a nós.

A liga segue... con victoria do Ponte (négome a chamarlles cidade de ourense nesta liga) diante dun Retiro sen porteiro.....Derrota da Veiga, sorprendente, diante da Bull; victoria aplastante do Manzaneda diante a Corna (10-1) e derrota do Galipán.

lunes, 8 de octubre de 2012

A CORNA 4 -- EN XOGO 5.....Fixemos todo, o bo e o malo

Marcador apretado ao final, pero realmente non foi así ata os 3 últimos minutos..
Primeira parte moi desigualada..o perigo do rival foi un dobre penalti .Fallamos moitas ocasións, demasiadas, pero a sensación do equipo foi dun dominio apabullante.
Na segunda parte, ainda que non fomos o rodillo da primeira, dominamos o partido con facilidade ata poñernos 1-5. Aí penso que nos deixamos ir.... unha boa xogada do rival, un erro noso e un erro arbitral e puxéronse 4-5 a falta de 3 minutos...Nada apurados pero tensos foron os últimos minutos, coa actuación arbitral moi protestada.
O rival, loitador, pelexou todo o partido, non pasará apuros na categoría, pero para aspirar a estar arriba ten unha plantilla algo corta.
Os árbitros: un veu a pitar e o outro a cobrar...Sei que hai poucos árbitros, pero por favor non mais veces.....Non quero estenderme mais, nin facer sangre, pero podería escribir un libro coas súas actuacións, intencionadas... por iso non recoñece os erros, un gran problema.

A liga parece que este ano vai estar moi igualada....O Ponte parte como máximo favorito, lóxico, ademais é o representante da Cidade de Ourense, curioso, leva o nome da nosa cidade, pero so o pasea pola provincia ...ten os horarios a carta e xoga patricinado con diñeiro público nunha categoría provincial....ao que chegamos. Outros favoritos son Andrade, Bull.....e ollo cos do barco


lunes, 1 de octubre de 2012

PRIMEIRA VICTORIA..8-5 diante dun correoso Seixalbo

O primeiro partido da tempada sempre é complicado, vimos de vacacións, non adestramos, polo menos non xuntos, e faltanos rodaxe...
Ainda así despois de empatarnos 2-2 a metade de primeira parte, nos últimos 10 minutos viuse a diferencia que hay entre os dous equipos, e rematou a primeira parte 7-2.
Na segunda parte, que perdemos cun parcial 1-3, saimos un pouco relaxados, como si estivese todo feito, pero ao futbol sala non podes descoidarte; de todos xeitos a victoria non perigou en ningún momento, rematando o partido 8-5.
Penso que debemos dar mais, quizás nontro momento da tempada, mais rodados, un partido que ao descanso gañamos por 5 goles, na segunda parte aumentamos a diferencia aproveitando a desorientación do contrario..
O rival , debutante na categoría, é correoso, vai dar sorpresas..pero debe mellorar as súas prestacións defensivas, adestran varios días e iso tamén os vai axudar....o ano pasado eliminaron equipos de provincial na copa..pero a liga é diferente...empezando polo reloxo parado.
Da xornada destacar o empate 3-3 do Cidade de Ourense, un equipo que baixou dúas categorías e máximo favorito para gañar a liga, contra a Corna..
Decir tamén que na provincial B, ou como lle puxeran, so se disputaron 4 partidos, vergonzoso...e por enriba hai un equipo que encaixou 28 goles...pero isto que é??....A federación empeñouse en facer esta categoría...por e para qué?? para recaudar dalgúns concellos....Non sei se acabaran a tempada.

jueves, 27 de septiembre de 2012

NOVA TEMPADA 2012-2013

Xa comeza unha nova tempada, a 2012-2013...e aqui seguiremos dando guerra polos campos da provincia...
Temos dúas categorías de provincial, isto é bo porque o futbol sala chegará a mais pobos da provincia, seran unhas ligas mais provinciales que nunca, representando unha grande parte da nosa provincia.

Iste fin de semana disputase a primeira xornada, e antes de comezar xa nos chegaron os primeiros problemas da man do concello de ourense...
Como ben sabedes hai equipos e equipos...hai uns que parece que teñen mais dereitos ca outros, escollen o horario que lles peta...pasando por enriba de todos.
O funcionario de turno do concello ( un concello vergonzoso, como se está vendo) decide despois da presión dun equipo con certo poder (ou que cree que o ten) que se xoga nunha hora que xa tiña o En Xogo escollida (porque xogabamos na casa) e decide por "real decreto" de sus santos cojo... como dixo él, que o En Xogo ía xogar a hora que el mandara....e todo por contentar ao poderoso equipo en cuestión....incomprensible e con malas formas,moi malas.
Se hai algo que levo moi mal son as mentiras e as medias verdades...e algunha xente quedou retratada.
A intervención da federación nos momentos finais fixo que se solucionara un problema que podía traer cola....e moitas explicacións.

O final xogamos as 20:00 na Carballeira contra o Seixalbo.



jueves, 5 de julio de 2012

REMATOU A TEMPADA

Rematamos a tempada gañando o torneo de Ourense por Barrios, 1 de 3....algo é algo...En teoría xogan iste torneo os mellores equipos da provincia deste nivel, pero a verdade é que so tres se comportaron como tales, o Taboa, o Mcdonals e o En Xogo; o Galipan, campión de 1ª e novo equipo de provincial, non se presentou ao segundo partido porque non tiñan xogadores; o Dacón, bo comportamento pero pouco competitivos e o Ambulanc. Ribadavia, competitivos pero con mal comportamento.
A final resultou unha revancha das semis da copa, esta vez non deixamos que nos remontaran e terminamos o partido gañando 4-2.
Non foi unha tempada brillante pero competimos ata o final e loitamos por todo.
Para a tempada seguiremos dando que falar nas canchas, iso so un ano mais vellos, pero intentaremos seguir aumentando a nosa longa historia, e demostrando que os anos, a experiencia, pode suplir moitas carencias físicas.

A estas alturas do mes de xullo, sabemos pouco da provincial do ano que ven, ou si vai haber dúas....Pero, si que hai que viaxar mais: Beariz, A Veiga (xogaran en A Rúa), Padrenda ou Cortegada ( aí xogara Ambulanc. Ribadavia) ademais dos xa sabidos de Avión e Manzaneda...Tamén parece que vai a desaparecer algún equipo

Bo verán e boas vacacións a todos


miércoles, 27 de junio de 2012

5 MINUTOS FATAIS...

Dominamos o partido 45 minutos contra o Mcdonals, de feito o resultado era contundente, 4-1...estivemos atinados cara a portería e non deixamos que tiveran moitas ocasións, na segunda metade ata eses 5 minutos finais tiveran unha...A diferencia era manifesta, e sacaron porteiro xogador, pero os seus ataques eran predecibles......de repente todo cambiou, non sei explicalo, nin sei siquera a explicación...encaixamos o 4-2 nun balón que non atravesou a liña, o 4-3 nun falta que pasou entre tres xogadores, cun tiro moi floxo...e o 4-4 nunha xogada con falta previa sobre Jacobo, pero para o árbitro era moito pitarlle dous dobles ao En Xogo a favor (non vaia a ser que digan que o benefician), na contra gol....quedaba menos dun minuto...Cando chegamos aos penaltis xa iamos derrotados..
Que pasou? ...Non o sei, non foi polo ataque de cinco, era floxo; tampouco penso que nos relaxaramos... Os árbitros? Non busco escusas, equivocáronse pero ese non foi o problema...Entón que pasou? Despois de varios días sigo sen sabelo certamente, non hai ningunha explicación lóxica......Simplemente non era para nós, este ano non é o noso......Para gañar un título hai que ter un pouco de sorte e a nós, está claro,este ano fallounos.......Iamos buscando a nosa 6ª final consecutiva, pero  quedamos no camiño.
A outra semi gañouna o Taboadela nos penaltis, tiveron esa pizca de sorte que nos faltou a nós; o Arranxar creoulle moitos problemas, sobre todo ao principio, pero fallou demasiado...despois o Taboa dominou o marcador, pero non o partido e deixouse empatar nos últimos minutos (2-2)...os penaltis decidiron.
A final estivo moi igualada, moi trabada e cun xogo pouco fluido pero emocionante, o Taboa compacto e o Mcdonals a golpes individuais...o certo e que chegaron aos últimos 12 minutos empatados,1-1, pero aí produciuse un erro do porteiro do Mcdonals, e 2-1, a partir de aí foi un quero e non podo dos das hamburguesas para superar a defensa do Taboa, sempre ben colocada, con boas axudas e coberturas.....Taboadela campión......Como xa teño dito o que gaña sempre é o mellor, fai falla sorte, e posiblemente xa a tiveran en cuartos tamén, seguro,pero gañaron....non hai excusa...
Levan gañado liga e copa e iso é moi moi difícil, polo tanto é o mellor equipo esta tempada., sen dúbida.
Parabéns ao Tabodela!!!